Axudas para a atención á drogodependencia e outras adiccións
Tipo de prestación
Axudas de protección sociosanitaria
De que se trata?
Son axudas para tratamentos a persoas en situación de drogodepencia, así como de adicción aos xogos de aposta (presencial e online), videoxogos e outras adiccións a través das novas tecnoloxías, que se realicen nun centro especializado ou mediante un/unha terapeuta individual especializado/a.
Quedan exceptuados das axudas o tratamento do tabaquismo e aqueles períodos nos que unicamente se leven a cabo procesos de desintoxicación ou de tratamento con agonistas, así como aqueloutros que, a xuízo de MUFACE, non correspondan aos fins destas axudas.
Contía
A contía máxima da axuda será de 250,00 euros/mes.
Quen se pode beneficiar da axuda
Mutualistas ou, no seu caso, beneficiarios e beneficiarias de MUFACE que precisen un tratamento integral da súa drogodependencia dirixido á rehabilitación e á reinserción sociolaboral, prescrito por psicólogo ou facultativo que sexa responsable da súa asistencia.
Prazo de presentación
As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro de 2024, inclusive.
Lugar de presentación
- A través da sede electrónica de MUFACE , as 24 horas do día, todos os días do ano, sen ter que acudir ás nosas oficinas. Requírese un certificado electrónico válido, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou PIN Cl@ve. Se desexa rexistrarse en Cl@ve, hai oficinas de MUFACE nas que pode facelo. Coñeza aquí cales son , e para coñecer outros modos de facelo, entre aquí
.
- Nas nosas Oficinas de MUFACE, sempre con quenda previa , ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Tamén por correu postal.
Documentación
Declaración responsable (52 KB)
Impreso de cambio de conta bancaria (305 KB)
Normativa
- Art.135 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo.
- Resolución do 21 de marzo de 2024 , da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), pola que se convoca a concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2024 (BOE 4 de abril de 2024).