Quen somos
A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) é o organismo público encargado de prestar asistencia sanitaria e social ao colectivo de funcionarios adscritos. Créase pola Lei 29/1975, de 27 de xuño, sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado, coa finalidade de xestionar o sistema de Mutualismo Administrativo dos Funcionarios Civís do Estado. Existen prestacións complementarias para as persoas que cotizaron no seu momento a ditas entidades e unha serie de recursos, tanto inmobiliarios como mobiliarios, que son xestionados e administrados por MUFACE por mandato legal, cuxa actuación está destinada ao citado Fondo Especial .
A nosa organización
MUFACE é un Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Transformación Dixital
e Función Pública a través da Secretaría de Estado de Función Pública, composto por:
- Uns servizos centrais.
- 52 direccións provinciais e oficinas delegadas de atención ao colectivo.
Ademais, dispón dos seguintes servizos:
- A Oficina de Información ao Mutualista, mediante un servizo de atención telefónica 060 ,; ou mediante un formulario web , desde o que se accede tamen aos Servizos Provinciais.
- Un espazo web, Muface (www.muface.es), desde o que se accede a servizos de prestacións, á sede electrónica así como a toda a información necesaria para esta xestión.
- Contas oficiais nas redes sociais X (antes Twitter) e Linkedin
MUFACE xestiona un potente conxunto de prestacións para a protección do seu colectivo, constituído por mais de 1.500.000 persoas:
Para iso, conta cun considerable orzamento, 1.938.944.570,00 € en 2023 (orzamento ampliado) e, o máis importante, unha plantilla media de 750 persoas que traballan cunha extraordinaria vocación de servizo público, cualificación e sensibilidade para resolver os problemas dos nosos mutualistas.
Ademais, xestiónase en MUFACE o Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado, cuxo patrimonio se sitúa ao redor dos 640 millóns de euros e ten máis de 640.000 partícipes e beneficiarios, o que o sitúa como o maior plan de pensións de emprego de Europa por número de partícipes.
MUFACE traballa por e para a sociedade. A actividade que desenvolvemos céntrase en satisfacer as necesidades dos nosos mutualistas e as súas familias.