A receita electrónica, en todas as CCAA

A receita electrónica para os mutualistas acollidos á opción pública xa é unha realidade en todas as comunidades aútonomas, salvo en Ceuta e Melilla, xestionadas polo Ingesa. A incorporación da Rioxa a partir de mañá, 1 de xullo, completa o mapa deste sistema, que beneficia a 342.378 persoas.
O sistema beneficia a 342.378 mutualistas
Os 342.378 mutualistas de MUFACE de todas as comunidades autónomas que reciben asistencia sanitaria a través do Servizo Público de Saúde xa poden beneficiarse da prescrición non presencial dos seus medicamentos. Tan só quedan fóra da medida as cidades con estatuto de autonomía de Ceuta e Melilla, xestionadas polo INGESA.
A Rioxa completa o mapa
Coa incorporación da Rioxa, cuxos 3.196 mutualistas de opción pública poden facer uso da receita electrónica desde mañá, 1 de xullo, MUFACE completou o mapa de asistencia a través deste medio, o que supón o cumprimento das directrices do acordo adoptado o 15 de novembro de 2018 polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e a culminación do proxecto estrela do Plan de Impulso 2017-2020 da Mutualidade.
Esforzo conxunto
O esforzo realizado por MUFACE, os servizos públicos de saúde de todas as comunidades autónomas e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos (CGCOF), entre outros, para minimizar no posible o impacto da crise sanitaria provocada pola Covid-19, permitiu dar este impulso definitivo á receita electrónica, garantindo así unha maior seguridade e unha mellor rastrexabilidade dos medicamentos dispensados, evitando ademais desprazamentos innecesarios e aforro a un gran número de mutualistas.
Grandes avances na concertada
Ao éxito da implantación da receita electrónica pública en todas as comunidades autónomas, acompáñanlle os grandes avances realizados para a posta en marcha da receita electrónica concertada para mutualistas adscritos ás distintas entidades sanitarias incluídas no Concerto 2020-2021 de MUFACE.
Tras a posta en marcha o pasado 4 de maio deste sistema en Cantabria , do que se beneficiaron máis de 15.000 mutualistas, xa se están dando os pasos necesarios para ampliar progresivamente a receita electrónica concertada ao resto do país. Para iso, a Mutualidade conta coa colaboración e o bo facer tanto do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos (GCOF) como das entidades sanitarias implicadas.