Prestacions per fill ou menor a càrrec amb discapacitat i altres
Prestacións por fillo ou menor a cargo con discapacidade e outras axudas

Información sobre as novas contías das axudas por fillo ou menor a cargo con discapacidade, das axudas por parto múltiple e das bolsas de estudo para 2018.
Novas contías
Novas contías das axudas por fillo ou menor a cargo con discapacidade
Dentro dos dous mecanismos de cobertura que configuran o Réxime Especial de Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado, a prestación por fillo ou menor acollido a cargo, cando se trata de discapacitados, é xestionada por MUFACE.
Consiste nunha asignación económica mensual que se establece en función da súa idade, do grao de discapacidade e da necesidade do concurso doutra persoa.
As contías para o ano 2018 da prestación por discapacidade por modalidades, para fillo ou menor acollido a cargo, son as seguintes:
Modalidade 1 (menor de 18 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%):83,33 €/mes.
Modalidade 2 (maior de 18 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%): 369,90 €/mes.
Modalidade 3 (maior de 18 anos cun grao de discapacidade do 75% ou superior e necesidade de terceira persoa): 554,90 €/mes.
Para máis información sobre axudas por discapacidade.
Axudas por parto múltiple 2018
Nos casos de parto múltiple, existen dous tipos de axudas: o pago único e o subsidio especial por maternidade.
Prestación de pago único por parto múltiple
A contía da prestación será, en función do número de fillos, de 4, 8 ou 12 veces o Salario Mínimo Interprofesional mensual vixente no día do nacemento ou data da sentenza de adopción, tal e como queda establecido no seguinte cadro:
Nº Fillos Simultáneos Nº veces Importe Mensual S.M.I. Importe en Euros (*)
2 4 2.943,60
3 8 5.887,20
4 e máis 12 8.830,80
(*): Importe en Euros: R.D. 1077/2017, de 29 de decembro (BOE de 30 de decembro) para feitos causantes entre 01-01 e 31-12-2018.
Máis información sobre pago único por parto múltiple
Subsidio especial por maternidade
Axuda económica, tamén de pago único, á que teñen dereito as/os mutualistas cando se atopen nos supostos de feito legalmente establecidos de parto, adopción ou acollemento múltiples.
Esta axuda é compatible coa anterior e calcúlase segundo a seguinte regra e as bases de cotización vixentes segundo Cadro 1: (Base de cotización no día do feito causante X 42 días / 365 días) X (Nº fillos simultáneos - 1)
Cadro 1 - bases de cotización:
Grupo/Subgrupo (EBEP) Base de Cotización €/ano
A1 40.561,32
A2 31.922,78
B 27.953,57
C1 24.517,24
C2 19.397,20
E (Lei 30/84) e Agrupacións Profesionais (EBEP) 16.537,66
Exemplos:
Caso base de cotización máxima:
40.561,32 X 42 / 365 = 4.667,32 € por cada fillo, adopción ou acollido (menos un).
Caso base de cotización mínima:
16.537,66 X 42 / 365 = 1.902,96 €.
Máis información sobre subsidio especial en caso de parto, adopción ou acollemento múltiples
Bolsas de estudo
Con data 27 de xullo de 2017 publicouse no BOE a Resolución de 14 de xullo de 2017, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) pola que se convocan bolsas de estudo para mutualistas para o curso 2017-2018 e cuxo prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de decembro de 2018, inclusive.
O obxectivo das bolsas de estudo é posibilitar a promoción social e cultural dos mutualistas, mediante unha axuda para a realización de estudos universitarios oficiais, contribuíndo ao pago da matrícula e gastos, total ou parcialmente, e ata un importe máximo de 150 euros por solicitante.
O formulario de solicitude de bolsa de estudo para o curso 2017-2018 está na Web de MUFACE a disposición dos interesados:
Máis información sobre as bolsas desta convocatoria:
- Bolsas de estudo para mutualistas
- Nota sobre a convocatoria